Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Education for Peace, Conflict Resolution and Citizenship
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A2 A5 A10 A14 B1 B3 B5 B6 C1 C2 C3 C4 Na presentación participarán todas as/os integrantes do grupo. Empregarase parte do tempo reservado para as clases interactivas para elaborar a presentación en grupo.

Cada presentación durará un máximo de 15 minutos e todas terán lugar nas clases interactivas durante o mes de Maio.

Valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade expositiva.
---------------------------------------------------
40
Supervised projects A1 A2 A3 A5 A6 A8 A9 A10 A13 A15 A16 A21 B2 B4 C1 C2 C3 O traballo será en parella ou individual e se empregará parte do tempo reservado para as clases interactivas para a súa elaboración. Para máis información sobre o traballo e o período de entrega, véxase o espazo desta materia en Moodle.

Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir:

• Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, e corrección gramatical (30%).

• Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica e de síntese), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (70%).
60
 
Assessment comments

Para superar a materia será necesario obter, como mínimo, unha puntuación de 5 (de 10) en ambas actividades de avaliación, e asistir a clase coa debida regularidade. Para máis información sobre estas actividades de avaliación, véxanse as follas explicativas publicadas no espazo da materia na plataforma Moodle.

No caso de non poder asistir a clase coa debida regularidade, a/o estudante en cuestión terá que presentarse a un exame final,
que lle valerá o 100% da cualificación final. Excepcionalmente, a
profesora poderá permitir que a/o estudante en cuestión participe
puntualmente nas outras actividades de avaliación. Nese caso,
ponderarase o valor do exame final en función do grao e da calidade de
participación nas demais actividades da materia, pero, por defecto, a
participación nas outras actividades só servirá para subir a nota do
exame entre o 0,5 e 1 punto.

Quen asiste a clase coa debida regularidade pero non obtén a puntuación mínima nalgunha das dúas actividades de avaliación terá que presentarse a un exame final ben na primeira oportundiade, ben na segunda ou posteriores para aprobar a materia. Neste caso, o exame valeralle o 100% da cualificación. De maneira excepcional, a profesora pode considerar a posibilidade de que se presente, no momento de realizar o exame, un novo traballo escrito a título individual, pero dito traballo só servirá para subir a nota do exame entre o 0,5 e 1 punto. 

A presentación oral e os traballos tutelados suspensos non se poden recuperar porque son traballos elaborados a través da asistencia a clase e en grupo.

A avaliación do alumnado con matrícula a tempo parcial e/ou con recoñecemento de dispensa académica será igual que a do resto do alumnado: dependerá do grao de asistencia a clase. Segundo cada caso, pode que a profesora lle pida á/ao estudiante que
entregue resumos das lecturas obrigatorias para compensar a falta
de asistencia suficiente a clase.

O exame consistirá nunha proba mixta na que se especificará o peso de cada pregunta. Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual, e a corrección gramatical. Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical. Para máis información sobre o exame, véxase a folla explicativa publicada no espazo da materia na plataforma Moodle.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes