Proba mixta |
Proba que integra preguntas abertas (de desenvolvemento) e preguntas obxectivas (de resposta múltiple, breve, asociación...). |
Estudo de casos |
Metodoloxía na que o alumnado enfróntase ante a descripción dunha situación específica que formula un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto de xeito grupal, mediante un proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser quen de analizar unha serie de feitos referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para acadar unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Simulación |
Representación dun fenómeno de natureza sinxela, técnica ou psicolóxica, que permite a análise máis sinxela, económica ou innocua que si se fixera sobre o orixinal ou a realidad. Trátase de condicións nas que o alumnado pon a proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. |
Portafolios do alumno |
Documento que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas o que permite visualizar o progreso do alumnado. |