Teaching GuideTerm Faculty of Nursing and Podiatry |
Grao en Enfermaría |
Subjects |
Bases for the Interpretation of Scientific Knowledge |
Methodologies |
Identifying Data | 2018/19 | |||||||||||||
Subject | Bases for the Interpretation of Scientific Knowledge | Code | 750G01008 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
First | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Workbook | Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. Os estudantes de modo individual realizarán a lectura e comentario de artículos de investigación cualitativa. O resto das lecturas encontrase na web http://www.fisterra.com/mbe/investiga/index.asp |
Collaborative learning | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. En grupos de estudantes elaborarán e presentarán a os seus compañeiros a análise metodolóxica de 2 artículos de investigación cualitativa |
Guest lecture / keynote speech | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. Os contidos teóricos básicos impartense en sesions maxistrais, pero con un enfoque participativo. A información dispoñible en Moodle será unha versión simplificada dos contidos teóricos. |
Problem solving | Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. De cada tema explicado da metodoloxia cuantitativa realizaranse exercicios prácticos que o alumno debe presentar na súa totalidade |
Mixed objective/subjective test | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Na parte da materia impartida pola profesara Teresa Seoane (4 ECTS) realizarase unha proba escrita que combinará preguntas de resposta múltiple, resposta breve e a resolución de exercicios de análise estadística de datos e interpretación de resultados, sobre os contidos desenvolvidos na materia. Na parte da materia impartida pola profesora María Jesús Movilla (2 ECTS) realizarase unha proba escrita constituida por 7 preguntas. |
|