Para superar a materia é necesario asistir á totalidade das prácticas e superar a avaliación final das mesmas con polo menos 5 sobre 10, así como obter unha media de 6 (sobre 10) na cualificación do exame e 5 sobre 10 no total da materia.
Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións das prácticas, talleres, traballos tutelados e clases maxistrais do curso académico no que cursase as prácticas.
Para os alumnos con matrícula parcial: poderán obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou modalidade na que a proba mixta supón o 90% da cualificación e o outro 10% a elaboración do caderno pequeno de prácticas. Nesta modalidade será obrigatorio superar ambas as partes para superar a materia.
Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia.
A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame nin a ningunha das prácticas.