Teaching GuideTerm Faculty of Nursing and Podiatry |
Grao en Podoloxía |
Subjects |
Bioethics, Legislation and Management in Podiatry |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2018/19 | |||||||||||||
Subject | Bioethics, Legislation and Management in Podiatry | Code | 750G02016 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Fourth | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Guest lecture / keynote speech | Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte da/do estudante. Baseada na exposición oral complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas ás e ós estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Events academic / information | Asistencia e participación a congresos e xornadas de orientación profesional, innovación e emprendimento (Laboralia, Xornadas Orientación Facultade, Plan de Acción Green Campus Ferrol, etc.) e elaboración dunha memoria-informe das mesmas. A asistencia e participación nestas actividades permitirán ao alumnado profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia e proporcionar coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes ao ámbito de estudo. |
Case study | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e comunicación. A metodoloxía utilizada nesta materia basearase na Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP). É un método didáctico que permite ao alumnando adquirir coñecementos, habilidades e actitudes, para ser capaz de identificar, analizar e resolver problemas de saúde de maneira eficaz, eficiente e humana (Bridges, 1991; Branda, 1990) No ABP un grupo pequeno de alumnos/as reúnese, coa facilitación de titor, para analizar e resolver un problema (escenario) seleccionado ou deseñado especialmente para o logro de certos obxectivos de aprendizaxe. Cada estudante integrado, obrigatoriamente dentro dun grupo pequeno (5-6 membros), traballará conxuntamente na resolución das tarefas asignadas polo profesor para optimizar a súa aprendizaxe e o do resto dos membros do grupo. O desenvolvemento deste escenario farase durante as horas de seminario e en cada grupo nas horas de traballo autónomo. Os grupos comporanse o primeiro día de clase da materia. Os resultados dos escenarios entregaranse a través da plataforma Moodle co nome de arquivo: EscenarioX_GrupoXnº.PDF |
Seminar | Clase en grupo para o estudo intensivo da xestión podolóxica e o uso do software de xestión clínica COGECOP ou equivalente da que a/o alumna/o deberá de realizar unha memoria de uso e valoración do mesmo. |
Supervised projects | Traballo en grupo de 5-6 alumnos/as no que se fará un proxecto de creación dun centro sanitario en que se presten os servizos de podoloxía e no que se deberán de describir: - os trámites legais e administrativos necesarios para a creación de clínica podolóxica. - procedementos para a creación e xestión dunha clínica podolóxica. - plan de negocio e mercadotecnia da clínica podolóxica. - localización e deseño da clínica podolóxica. Este traballo deberase de entregar a través da plataforma Moodle. co nome: CS_podologiaGrupo.PDF |
Multiple-choice questions | Exame con 30 preguntas tipo test cunha única resposta correcta. Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os materiais entregados a través da plataforma Moodle así como os escenarios do "Estudo de casos". |
|