TipoA
|
Código |
|
|
Profesionalizador |
|
AP1 |
Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións. |
|
AP2 |
Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe. |
|
AP3 |
Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais. |
|
AP4 |
Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes. |
|
AP5 |
Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro; abordar e resolver posibles problemas. |
|
AP6 |
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país. |
|
AP7 |
Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional. |
|
AP8 |
Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá. |
|
AP9 |
Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade e prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia. |
|
AP10 |
Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. |
|
AP11 |
Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación. |
|
AP12 |
Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar. |
|
AP13 |
Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro. |
|
AP14 |
Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade. |
|
AP15 |
Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
|
AP16 |
Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos. |
|
AP17 |
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. |
|
AP18 |
Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares. |
|
AP19 |
Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. |
|
AP20 |
Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. |
|
AP21 |
Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. |
|
AP22 |
Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes. |
|
AP23 |
Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe. |
|
AP24 |
Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. |
|
AP25 |
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
|
AP26 |
Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade. |
|
AP27 |
Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións. |
|
AP28 |
Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. |
|
AP29 |
Coñecer a evolución do mundo laboral, a interacción entre sociedade, traballo e calidade de vida, así como a necesidade de adquirir a formación axeitada para a adaptación apropiada e permanente das distintas profesións (FP). |
|
AP30 |
Coñecer os procesos e recursos para a prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia (OE). |
|
AP31 |
Coñecer os procesos de avaliación e de orientación académica e profesional (OE). |
|
AP32 |
Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización. |
|
AP33 |
Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente |
|
AP34 |
Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia. |
|
AP35 |
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica. |
|
AP36 |
Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP) |
|
AP37 |
Exercitarse na avaliación psicopedagóxica, o asesoramento a outros profesionais da educación, aos estudantes e ás familias (OE) |
TipoB
|
Código |
|
TipoC
|
Código |
|
|
Mixto |
|
CM1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
CM2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
|
CM3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
CM4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
CM5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
|
CM6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
CM7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
CM8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |