Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Química Física 2 |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Química Física 2 | Código | 610G01017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Básicamente é a clásica lección maxistral, en xeral con apoio audiovisual, na que se exporán os aspectos fundamentais con contidos teóricos da asignatura. Pénsase nun formato dinámico no que hai lugar para a participación d@s estudiantes. |
Prácticas de laboratorio | Realización de actividades de carácter práctico con obxeto de aplica-los coñecementos teóricos, e, á vez, adquiri-las destrezas experimentais asociadas os mesmos. |
Seminario | Esta actividade levarase a cabo en grupo reducido. Profundización nos distintos temas baseada na participación activa d@s estudiantes. |
Solución de problemas | Aplicación práctica, tanto numérica como conceptual, dos coñecementos teóricos. |
Presentación oral | Exposición verbal dun traballo preparado en grupo sobre as prácticas de laboratorio, proposto pol@ profesor/a. Na actividade se inclúe un debate posterior sobre o tema obxecto da presentación. |
Prácticas a través de TIC | Está orientada o aprendizaxe efectivo do alumnado a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. |
Simulación | Utilización de programas informáticos, no aula de informática, para reproducir diversos tipos de espectros, o que tra-la correspondente análise crítica debe de servir como experiencia de aprendizaxe. Actividade para ser realizada en grupos reducidos. |
Lecturas | Conxunto de textos que se empregarán como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Proba de resposta múltiple | O longo do curso realizaranse unha serie de probas para avaliar a aprendizaxe dos conceptos, destrezas, competencias e habilidades asociados á asignatura. Esta actividade pode implicar o emprego de plataformas como MOODLE, ferramentas a dispor no paquete Office365 e/ou aplicacións dispoñibles en Internet. |
Proba mixta | Combinación de distintos tipos de preguntas: tipo test, de resposta breve, tipo ensaio. Con este último tipo se busca que se resposte por escrito a preguntas de certa amplitude, valorando que se proporcione a resposta esperada, o que permite avaliar coñecementos, capacidade de razoamento, e espírito crítico. |
|