Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Química Inorgánica 3 |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica 3 | Código | 610G01023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Na clase maxistral introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de máis difícil comprensión para o alumnado. |
Obradoiro | Actividade formativa de carácter eminentemente práctico deseñada co obxectivo de incidir naqueles aspectos da materia de máis difícil comprensión. |
Solución de problemas | Estas sesións estarán dedicadas á resolución de problemas e cuestións dentro dunha metodoloxía expositiva da que o alumnado é o protagonista. Estes problemas facilitaranse secuenciados no tempo de acordo cos contidos tratados nas sesións maxistrais, e poranse á disposición do alumnado coa suficiente antelación para que poidan traballar sobre eles antes da correspondente sesión presencial. |
Proba obxectiva | De xeito periódico, nas sesións de solución de problemas, o alumnado realizará unha serie de probas curtas, de tipo test ou de resposta breve, destinadas tanto á avaliación do grao de adquisición de competencias como ao afianzamento dos contidos vistos nas sesións maxistrais. Esta actividade permitirá non só realizar un seguimento da evolución do alumnado, senón que tamén servirá para detectar aqueles aspectos da materia que presentan unha maior dificultade de comprensión. |
Proba mixta | As probas de conxunto que se realizarán no calendario acordado pola xunta de facultade. O seu contido recollerá preguntas de desenvolvemento e tamén de tipo test, así como exercicios de problemas que serán similares aos analizados ao longo do curso. O seu obxectivo é obter unha avaliación do nivel de coñecementos e competencias acadados polo alumno, así como avaliar a capacidade deste para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia. |
|