A profesora aceptará únicamente actividades e exercicios realizados e entregados na data que se estableza, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisen en cada caso. Non se poderá
aprobar a materia sen ter participado en todas as actividades contempladas na avaliación; ademáis, para chegar ao aprobado, é preciso acadar unha calificación mínima de 4 sobre 10 no traballo tutelado e na proba mixta. Se o estudiante non fai a proba mixta ou non entrega o traballo contará cun "Non Presentado".
Na segunda oportunidade (xullo), aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na data oficial fixada pola Facultade, complementariamente o alumno dará conta, nese mesmo momento, das demáis actividades e exercicios que tiver pendentes.
Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria; se algún alumno xustifica debidamente a imposibilidade de acudir ao evento divulgativo ou científico previsto, a profesora deseñará algunha outra proba ou traballo coa que se poda subsanar esa parte da avaliación.
Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mista (50%) e o traballo tutelado (50%); debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer con precisión o mecanismo de seguimento da súa actividade (especialmente para a fixación das datas da realización das probas).
A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo ha ser a que corresponde a unha titulación de posgrao (non só se tomará en conta, xa que logo, a correción
ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garden relación coa das probas e exercicios que o estudiante realiza na aula baixo o
control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel ten elaborado sen axuda externa.