IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e demais actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima do exame final, da proba oral e das tarefas de producción escrita non poderá ser inferior a 4, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis.
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada.
Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados automáticamente coa cualificación de 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.
Os alumnos/as que non se presenten o día da proba mixta oficial acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.
A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como todo o material de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado.
OPORTUNIDADE de XULLO: A distribución de porcentaxes será a seguinte: exame (50%), tarefa(s) de redacción (20%), traballo tutelado (10%), entrevista oral individual co profesorado (20%).
Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
Atención á diversidade:
Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.