Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Linguas e Tecnoloxías
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentaranse os contidos teóricos facendo uso de transparencias no Power Point, así como de distintas interfaces na web. Potenciarase en todo momento a discusión e o debate.
Obradoiro O complemento das sesións teóricas. Os estudantes desenvolverán prácticas tanto individuais como por grupos. Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación.
Prácticas a través de TIC O estudantado practicará diferentes sistemas de Tradución automática e de correctores en liña, ademais de consultar diferentes corpus e dicionarios electrónicos dispoñibeis na web.
Proba mixta Proba que integra preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas obxectivas de resposta múltiple.
Traballos tutelados O alumnado deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o/a estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Trátase de executar a idea de aprender facendo ou realizar para comprender.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes