Un sistema intelixente é un programa de computación que reúne características e comportamentos asimilables ao da intelixencia humana para resolver problemas para os que non existe unha solución algorítmica clara. Un tipo particular de sistemas intelixentes son os Sistemas Baseados en Coñecemento (SBC) ou sistemas expertos. Do mesmo xeito que a Enxeñaría do Software ocúpase da xestión de proxectos de desenvolvemento de software clásicos, a Enxeñaría do Coñecemento é a disciplina tecnolóxica que se centra na aplicación dunha aproximación sistemática, disciplinada e cuantificable ao desenvolvemento, funcionamento e mantemento dos Sistemas Baseados en Coñecemento (SBC). En concreto, nesta materia abordarase de forma moi práctica o estudo da metodoloxía CommonKADS baseada no modelado de coñecemento, que presenta unha clara tendencia converxente coas técnicas de Enxeñaría do Software e que constitúe un estándar de facto en Europa.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías