Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Segundo
Formación básica
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Educación Física e Deportiva
Coordinación
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Correo electrónico
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
Profesorado
Arriaza Loureda, Rafael
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Oro Claro, Luis Alberto
Santiago Alonso, Miguel
Correo electrónico
rafael.arriaza@udc.es
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
a.oro@udc.es
miguel.santiago@udc.es
Web
Descrición xeral
A Fisioloxía do exercicio I é unha materia cuadrimestral, de 6 créditos ECTS, que pertence ao Módulo 3, Anatomía e fisioloxía (formación básica).
Como o seu propio nome indica, encárgase de estudar o comportamento dos diferentes aparatos e sistemas durante o exercicio, entendéndoo no seu sentido máis amplo, desde a actividade física máis espontánea e informal ata os máis elevados niveis de adestramento e competición deportivos. Coñecer como responde o corpo humano e como é capaz de adaptarse constitúe a base para a avaliación da condición física e para axustar os parámetros do adestramento aos obxectivos desexados.
A fisiología do exercicio impártese no segundo e no terceiro cursos do Grao dividida en dúas materias, Fisiología do exercicio I e Fisiología do exercicio II.
Na que nos ocupa agora, a Fisiología do exercicio I, de carácter máis analítico, ocuparémonos de estudar a anatomía e a fisioloxía dos diferentes aparatos e sistemas e cales son as súas respostas agudas fronte ao exercicio. Na Fisioloxía do exercicio II faise un enfoque máis aplicado e integral, abordando cuestións relacionadas co adestramento, desde os fundamentos fisiológicos ata as probas de avaliación e as situacións ambientais especiais, as cuestións relacionadas coa idade e o xénero e outras como a fatiga e as axudas ergoxénicas e o doping.
Os contidos da Fisioloxía do exercicio I están divididos en 5 módulos:
Módulo 1, INTRODUCIÓN: aspectos xerais da organización e funcionamento do corpo humano, aproximación conceptual e histórica á fisioloxía do exercicio, xeneralidades sobre as respostas e adaptacións ao exercicio.
Módulo 2, CONTROL NEUROLÓXICO DO MOVEMENTO: estudo do sistema nervioso e dos órganos dos sentidos para comprender como se procesa a información e como se producen o control motor e a regulación nerviosa da homeostasis durante o repouso e o exercicio. Nesta materia veranse os contidos sobre anatomía e estrutura necesarios para comprender a fisioloxía, que se aborda na materia de “Aprendizaxe e control motor”, impartida polo profesor Miguel Fernández del Olmo.
Módulo 3, METABOLISMO E ENERXÍA: estudo do aparato dixestivo e dos procesos que permiten a incorporación ao organismo dos nutrientes contidos nos alimentos e o seu comportamento durante o exercicio; estudo do metabolismo e dos sistemas básicos de obtención da enerxía; estudo da regulación hormonal do metabolismo durante o repouso e o exercicio.
Módulo 4, FUNCIÓN CARDIORRESPIRATORIA E EXERCICIO: estudo da anatomía e a fisiología do sistema cardiovascular e do aparato respiratorio, así como as súas respostas durante o exercicio.
Módulo 5, FUNCION RENAL E MEDIO INTERNO: estudo da anatomía e a fisiología dos riles e as vías urinarias; estudo dos mecanismos de regulación dos líquidos e do pH corporais en repouso e durante o exercicio (aínda que estes últimos contidos veranse con máis profundidade na asignatura de Fisioloxía do exercicio II).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías