Proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte
Código
620G01022
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
2º cuadrimestre
Terceiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Educación Física e Deportiva
Coordinación
Alsina Santasusana, Maria del Carmen
Correo electrónico
m.alsina@udc.es
Profesorado
Alsina Santasusana, Maria del Carmen
Correo electrónico
m.alsina@udc.es
Web
Descrición xeral
Está materia está incluída no MODULO 5. A formación do profesorado experimentou unha evolución tanto polo que respecta ás súas formulacións téoricos como ás súas técnicas de aplicación. Está a configurarse un modelo crítico de formación que pon énfase naquelas capacidades do profesor que lle poderán axudar a dar respostas concretas ás situacións de traballo en que se atope. As paradigmas máis analizados actualmente no campo da investigación en ciencias da educación son o proceso-produto, o do pensamento do profesor, o de etnografía educativa, o de investigación-acción e o da análise dos procesos cognitivos dos alumnos e a mediación do ensino.
De acordo con estas tendencias educativas actuais baseadas nunha escola comprensiva, unha escola para todos e todas, que de resposta efectiva á atención á diversidade e baixo a paradigma competencial esta materia exponse unha serie de obxectivos:
Dotar ao alumno cos coñecementos básicos que lle permitan abordar o ensino das actividades físicas cunha visión actual, eficaz e innovadora.
O alumno ten que descubrir, analizar e levar á práctica os conceptos que definen o proceso educativo, así como as interaccións propias do mesmo.
Debe adquirir as técnicas precisas para a sistematización do proceso de ensino e aprendizaxe da actividade física.
Contrastar e regular a realidade docente, mediante a análise e a reflexión crítica.
Esta materia impartirase en castelán
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías