Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria |
Asignaturas |
Intervención Didáctica en Espazos Culturais |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Intervención Didáctica en Espazos Culturais | Código | 652534020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Periódica e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia. |
Análise de fontes documentais | Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación cos espazos culturais. |
Aprendizaxe colaborativa | Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. |
Obradoiro | Están concibidos como ensaios de experimentación de aprendizaxes de traballo por proxectos e por centros de interese. Materializanse en encontros, simulacións, debates, exposicións, etc., arredor de temáticas concretas, deseñados e desenvolvidos polo alumnado e guiados pola profesora. |
Saídas de campo | Son unha parte moi importante no desenvolvemento da materia e serán saídas programadas a contextos culturais formativos e a contextos do contorno inmediato. Preténdese que o alumnado adquira tanto capacidades de organización de saídas como o coñecemento de institucións, actividades, exposicións, paisaxes, etc. e a comprensión do seu potencial educador. O alumnado desenvolverá capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a experimentación e a recollida de información. |
Sesión maxistral | As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizaranse co apoio de documentación específica e medios audiovisuais e estará directamente relacionada coas metodoloxías utilizadas na docencia interactiva. |
Traballos tutelados | A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no espectro dos espazos culturais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. |
|