No Documento Marco para a elaboración do TFM dase conta das posibles temáticas do TFM, da súa dirección (asignación de titor/a e funcións), da estrutura e cuestións formais do TFM, dos criterios de avaliación, do procedemento de avaliación e do calendario e procedemento de entrega e defensa. Pode consultarse en moodel e na web da Facultade de Educación no apartado do Mestrado de Profesorado. O alumnado ha de facer buscas específicas e o profesorado titor do TFM proporcionará algunha bibliografía acaída á temática. Na medida en que no TFM converxen a case totalidade das materias do Mestrado, o alumnado ha de recuperar as fontes proporcionadas polo seu profesorado. En moodel amósanse recursos para a elaboración de traballos académicos (guías para mellorar a redacción, para mellorar a escrita en galego, para a busca de fontes de información, para as normas APA e para a utilización da lingua inclusiva etc. ) |