Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Tecnoloxías da información e a comunicación en educación |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Tecnoloxías da información e a comunicación en educación | Código | 652G02003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Aprendizaxe colaborativa | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con TIC, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Realizaremos unha aprendizaxe colaborativa no desenvolvemento dos traballos tutelados. |
Prácticas a través de TIC | Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das TIC. Aprenderemos a utiizar distintos recursos tecnolóxicos. |
Traballos tutelados | Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo docente. Realizaremos distintos traballos de aplicación práctica dos contidos da materia. |
Lecturas | Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. A materia consta dun dossier que formará parte destas lecturas. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Os contidos do dossier da materia avaliaranse a través desta proba. |
Actividades iniciais | Presentación da materia e do proxecto que se levará a cabo. |
Discusión dirixida | Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. Levaremos a cabo debates e reflexións sobre cuestións controvertidas relacionadas coa non neutralidade das TIC. |
Aprendizaxe servizo | Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo comunitario nun proxecto ben articulado, onde os participantes aprenden a traballar en necesidades reais do ambiente, col fin de melloraro.Colaboraremos cun docente de Primaria e axudaremos co desenvolvemento do proxecto que quere levar a cabo. |
|