Proba de resposta breve |
A57 A58 B2 B3 B5 B14 |
Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidos nas probas realizadas durante o curso. |
30 |
Proba mixta |
A57 A58 A60 B2 B3 B6 B21 |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
40 |
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obligatoria á asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.
Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo. O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.
|