Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Atención á diversidade: aspectos didácticos e organizativos |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Atención á diversidade: aspectos didácticos e organizativos | Código | 652G02038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Investigación (Proxecto de investigación) | A3 A4 A6 A20 B16 B17 B21 B22 B23 B24 B25 C4 | Para o traballo desta materia, o alumnado terá que recoller situacións, vivencias súas relacionadas co practicum ou outro tipo de experiencias relacionadas coa atención á diversidade (AAD) e compartiranse nun onedrive. Partindo destas experiencias, abordaranse os contidos previstos. O proxecto de investigación, consistirá en que os estudantes, organizaranse en equipos docentes na que cada persoa adoptará roles de titor/a e/ou especialistas noutras áreas, que terán que deseñar, caracterizar un aula onde recollan algunhas das experiencias compartidas... Tendo este referente, cada equipo analizará, investigará, fundamentará qué variables interactúan nesa aula, para a continuación facer unha proposta de pautas xerais de intervención relacionadas obxectivos, metodoloxías, avaliación, materiais e recursos, etc. Os criterios de avaliación do traballo son: 1. Identificación das variables que interveñen no proceso 2. Análise e fundamentación, onde será necesario complementar as decisións do grupo co uso de bibliografía 3. Tomas de decisión sobre as pautas a empregar, fundamentadas e xustificadas |
50 |
Proba mixta | A3 A4 A6 A11 A20 B16 B17 B21 B23 B24 B25 C4 | Especificarase na aula o tipo de preguntas e o peso de cada pregunta na avaliación. O exame constará de dúas preguntas interrelacionadas entre si. Partirase de un contexto de aula que ten unhas determinadas características. O alumnado analizará, interpretará e fará unha proposta de intervención. Toda explicación e proposta de intervención terá que estar fundamentada teoricamente. Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical. |
50 |
Observacións avaliación | |||
Os traballos tutelados realízanse nas sesións interactivas e tamén ocupan gran parte do traballo autónomo do alumnado que se organizará en pequenos grupos para a sua realización. O exame terá unha puntuación máxima de 5 puntos e outros 5 o proxecto de investigación. Para superar a materia haberá que ter como mínimo un 2 en cada unha das probas. O sumatorio das dúas partes ten que ser como mínimo un 5. O alumnado con recoñecemento oficial de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir ás titorías para programar as sesións interactivas e expositivas, nas que non poderá estar, co fin de planificar os traballos substitutorios, se fose o caso. Estas especificidades so serán necesarias para o Proxecto de investigación, para a proba mixta concorrerá nas mesmas condicións que o resto do alumnado. Os traballos presentaranse en formato dixital. |
|