Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Organización e xestión de institucións socioeducativas |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Organización e xestión de institucións socioeducativas | Código | 652G03012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | Análise pautado e dirixido, de carácter individual ou grupal de determinada información bibliográfica ou audiovisual. |
Discusión dirixida | Posta en común das fontes documentais analizadas para sacar conclusións. Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social". |
Presentación oral | Consistirá na exposición pública das conclusións de traballos de grupo ao resto do alumnado. |
Estudo de casos | Proporanse casos reais dos medios de comunicación ou simulacións ou documentos audiovisuais para a súa análise. |
Actividades iniciais | Faranse actividades introdutorias con diversos soportes ou metodoloxías: debates, formulación de hipóteses, simulacións dramatizadas, visionado de películas. |
Aprendizaxe servizo | Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo, neste caso a colaboración establecerase cun centro educativo, e será unha das alternativas para poder realizar un estudo de caso, sobre unha situación real, propoñendo alternativas e interactuando coa institución na que se fará o servizo. |
Solución de problemas | Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta que se produza nun caso hipotético, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible alternativa de intervención. Esta será a outra alternativa mediante a cal se poderá presentar o estudo de casos. |
Proba de ensaio | Consistirá en propostas de resolución de casos prácticos ou de análise dos mesmos a elaborar de xeito individual. |
|