Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Saber valorar de xeito integral ás persoas maiores así como utilizar os resultados da valoración para intervir de acordo ao diagnóstico preestablecido. |
A2 |
Saber diagnosticar a patoloxía máis prevalente nas persoas maiores así como establecer as pautas terapéuticas máis indicadas, tanto desde o punto de vista farmacolóxico como non farmacolóxico. |
A3 |
Saber diagnosticar os problemas sociais e/o sociosanitarios que inciden na persoa maior e poñer en marcha as medidas axeitadas a fin de conseguir o maior estado de benestar para el e o seu entorno. |
A4 |
Estar en condicións de dirixir calquera recurso xerontolóxico. |
A5 |
Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación. |
A6 |
Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico no desenvolvemento de proxectos. |
B1 |
Estar en disposición de integrarse en equipos de Saúde, centros xerontolóxicos e entidades que prestan servizos dirixidos as persoas maiores. |
B2 |
Estar en disposición de incorporarse como profesional aos equipos de valoración e intervención creados no marco da denominada “Lei da dependencia”. |
B3 |
Ter o coñecemento para denominarse especialista en Xerontoloxía Clínica de acordo á especialidade desenvolvida. |
B4 |
Ter o coñecemento para denominarse especialista en Xerontoloxía Social de acordo á especialidade desenvolvida. |
B5 |
Ser capaz de aplicar o método científico. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |