Proba mixta |
Exame parcial e exame final, que combinarán preguntas de ensaio e preguntas obxectivas |
Prácticas a través de TIC |
Resolución de casos prácticos, de forma individual ou en grupo, a través de programas informáticos (ex. Excel) e posibilidade de participación nun xogo de simulación virtual |
Saídas de campo |
Visita a unha empresa de moda durante o segundo cuadrimestre (se posible) |
Foro virtual |
Existirán dous foros virtuais, a saber:
- Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates ou a formulación de preguntas sobre o contido da materia.
- Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades. |
Sesión maxistral |
Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Cada un dos temas irá precedido dunha contextualización, onde se detallarán os contidos que se verán en cada un deles, así como a súa relación con outras materias do Grao, dado o carácter introdutorio desta materia
|