Presentación oral |
B1 B2 B3 B4 C1 C3 C4 |
Presentación do traballo.
Teranse en conta aspectos como contidos, expresión oral, participación e/ou capacidade de síntese, entre outros. En calquera caso, ditos criterios de avaliación concretaranse na aula.
|
20 |
Para superar a materia é preciso ter aprobado o traballo tutelado (mínimo 4 puntos) e obter un mínimo de cinco puntos na calificación final (sumatorio de traballo tuleado e presentación oral). Para a avaliación da materia cómpre presentarse as dúas actividades con peso na nota final: traballo tutelado e presentación oral. No caso de non desenvolver algunha destas actividades, ou non facelo en tempo e forma, sinalarase un "Non presentado" na correspondente convocatoria. Aqueles traballos que conten con algún apartado, deseño ou proposta copiada, serán calificados cun cero, co consecuente suspenso na materia. Os/as estudantes con dispensa académica deberán presentarse e superar ambas partes -traballo e presentación oral- se ben, no caso de incompatibilidades, poderán desenvolver a presentación oral noutra data-hora previamente acordada coa docente. En calquera caso na primeira titoría se comunicarán os aspectos e especificacións destas tarefas, deseñando un itinerario personalizado en función as posibilidades e intereses docentes-discentes.
|