I. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN
1. Do volume total do traballo do estudantado nesta materia, unha grande parte corresponde ao traballo individual ou en grupo que o propio estudantado se compromete a realizar sen a presenza da persoa encargada da docencia.
2. A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido, tendo en conta sempre que a maneira de avaliar condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na propia aprendizaxe.
3. A proba escrita obxectiva avalía o resultado obtido, mais non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe. Precisamente por isto, valorarase o rendimento e as aprendizaxes acadadas a través da combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación final, de modo que a cualificación será o resultado da avaliación continua e da realización dunha proba final.
4. A avaliación continua implica valorar o esforzo e o proceso na aprendizaxe por medio da participación do estudantado.
5. A proba obxectiva implica valorar os resultados da aprendizaxe.
II. CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN
1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes :
a proba obxectiva que representa o 60% da nota , e o conxunto de prácticas
realizadas durante o curso ,que comprenderá o 40% restante. A entrega das
prácticas para a súa valoración polo profesor só poderá realizarse na plataforma
Moodle e dentro do plazo indicado en cada caso polo profesor. Asimesmo lémbrase
ós alumnos que a asistencia ás clases é obrigatoria de modo que só podrán
valorarse ás prácticas dos alumnos que asistan ás clases o, en su caso, conten
coa correspondente dispensa do profesor . Para ello é preciso comunicalo con
antelación e aportar o correspondente xustificante da causa que impida a
asistencia ás clases. ( A dispensa no eximirá da entrega das prácticas dentro
do prazo asignado).
III. PROBA DE CONXUNTO
1. Contémplase a opción de presentarse a unha proba de conxunto para aqueles casos excepcionais que non permitisen a realización dos traballos relacionados no programa.
2. Esta proba estará composta dunha parte práctica e dunha teórica, todo isto sobre unha cualificación de 10.
3. A proba realizarase na data aprobada para tales efectos polo centro. Será requisito imprescindible comunicar o profesor con antelación suficiente a opción por este sistema e xustificar as razóns alegadas.
I.V. SEGUNDA CONVOCATORIA: Na convocatoria de Xullo o 100% da nota obterase mediante a
realización dunha proba obxectiva que podrá valorar tanto os coñecementos
teóricos como prácticos dos alumnos. Sendo a mesma con independencia do tipo de matrícula do alumnado (parcial ou non ).