Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
 Asignaturas
  Preparación de Nanomateriais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados. 15
Traballos tutelados A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar informes que tamén poderán ser avaliados. 20
Proba mixta A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará ó final do cuadrimestre. Poderá constar tanto de preguntas de desenvolvemento, como de preguntas curtas ou de tipo test e de problemas que serán semellantes ós realizados ó longo do curso. 65
 
Observacións avaliación

Consideracións xerais:


moi importante asistir a tódalas clases.


imprescindible consultar a bibliografía e tratar de completar con aspectos
avanzados os conceptos máis fundamentais que se expliquen na clase.

-A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.

-A avaliación continua terá un peso do 35% na cualificación da materia. O resto asignarase ó resultado na proba mixta.

Recomendacións de cara á avaliación:

O alumnado deberá repasar os conceptos teóricos
introducidos nos distintos temas utilizando o material de apoio aportado
polo profesorado e a bibliografía recomendada para cada tema. O grado de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumnado para afrontar a proba mixta. Os estudantes que se encontren con dificultades importantes á hora de
traballar as actividades propostas deben consultar ó profesor, co
obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver ditas
dificultades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes