Prácticas de laboratorio |
O alumno realizará no laboratorio procedementos experimentais relacionados cos contidos teóricos das materias Química Orgánica 1 e Química Orgánica 2, que lle permitiran adquirir destrezas nas técnicas de preparación, separación, purificación e determinación estrutural dos produtos orgánicos. Durante as prácticas o alumno deberá elaborar un cuaderno de laboratorio, onde recollerá os cálculos estequiométricos, os procedementos de reacción e de elaboración, a interpretación dos datos espectrales e as respostas ás cuestións expostas nos guións. |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais o profesor desenvolverá os contidos fundamentais do programa mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos. Os guións dos contidos e/ou as presentacións atoparanse dispoñibles na web da materia (moodle) con anterioridade ao desenvolvemento das leccións. Coa axuda destes materiais e outros recursos bibliográficos, os alumnos deberán preparar as leccións de maneira previa á súa impartición. Incentivarase a participación dos alumnos, coa intención de que se formulen preguntas ou e-mails ao profesor antes ou despois da lección. |
Obradoiro |
Os talleres constitúen sesións de traballo organizadas en grupos reducidos, onde os alumnos exporán oralmente (con apoio gráfico na pizarra) algúns problemas dos boletíns, sobre os que deberán elaborar previamente solucións escritas que deberán entregar ao profesor antes do inicio das sesións. |