PRÁCTICAS: A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para aprobar a materia. Para a súa cualificación valorarase a asistencia e traballo nas prácticas (5 puntos/15) e as competencias adquiridas mediante un exame de prácticas (10 puntos/15). A asistencia pode validarse, previa solicitude, pola que xa se completou no curso inmediatamente anterior.
GRUPOS REDUCIDOS: A asistencia e participación en pequenos grupos (resolución de problemas) son valoradas a través do traballo do alumno nos grupos, a elaboración de esquemas e controis programados.
CALIFICACIÓN EN AVALIACIÓN CONTINUA: Para poder superar a materia será necesario acadar polo menos o 40% da puntuación correspondente ao exame (proba mixta con 2 partes: Enzimoloxía / Metabolismo). Acadado este valor engádense as puntuacións correspondentes ao resto das actividades. Por debaixo deste valor, a puntuación máxima despois da suma das puntuacións das actividades non pode ser superior a 4.
Os estudantes que non asistan ás probas do período de avaliación oficial terán a nota de Non Presentado.
Na avaliación de xullo, as cualificacións das partes aprobadas no exame de xaneiro (Enzimoloxía / Metabolismo / Prácticas) pódense manter e presentar só ás partes pendentes.
AVALIACIÓN GLOBAL
Os alumnos que renuncien á avaliación continua deberán solicitar unha avaliación global polo menos 15 días antes da data oficial da convocatoria (xaneiro / xullo). Nesta avaliación non se toman en conta as notas das actividades senón un exame global (Teoría e Prácticas). Os alumnos con dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia, solicitados oficialmente na matrícula, serán avaliados nesta modalidade.
CALIFICACIÓN MH: Distribuirase de preferencia entre os estudantes que cumpran os requisitos na avaliación de xaneiro.