Saídas de campo |
A1 A2 A9 A19 A20 A23 A32 B1 B2 |
Valorarase asistencia e participación
|
1 |
Estudo de casos |
A22 A23 A26 A27 A29 A32 B3 B8 |
Valorarase a calidade, orixinalidade e presentación do estudo de casos realizado (filoxenético e florístico). Esta actividade organízase como alternativa á de realización de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo). A nota correspondente será a suma das asignadas a cada actividade (aprendizaxe-servizo e estudo de casos), un 34% da nota final.
|
17 |
Traballos tutelados |
A22 A23 A26 A27 A29 A32 B3 B8 |
O alumno poderá optar entre a realización desta actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) a o estudo de casos descrito a continuación. A nota correspondente será a suma das asignadas a cada actividade, un 34% da nota final. As actividades de aprendizaxe-servizo avaliaranse segundo a calidade dos informes entregados e tras escoitar a valoración realizada polas organizacións colaboradoras.
|
17 |
Todos os estudantes terán dúas oportunidades para superar o curso. Na primeira oportunidade, os estudantes precisarán ter participado en alomenos o 70% das actividades avaliables. Asemade, os estudantes precisarán obter alomenos un 4.0 no exame escrito, nas prácticas (incluido o visu), na aprendizaxe-servizo ou no estudo de casos para que as notas destas partes se consideren para a nota final (e para que se poida aprobar a materia). A nota media para superar a materia debe ser un 5.0. Para que figure non presentado na nota, os alumnos non poderán participar en actividades do curso que supoñan máis dun 30% da cualificación. Na segunda oportunidade os estudantes deberán mellorar as notas obtidas nas distintas partes para chegar a unha nota media de 5 e superar a materia. Aquelas actividades que teñan sido avaliadas con menos de 4.0 deberán repetirse en todos os casos. Nesta segunda oportunidade o exame de visu incluirá 15 plantas da lista. Os estudantes con dispensa académica oficialmente recoñecida, poderán realizar as actividades propostas nos seminarios vía on-line e, mediante as titorías (presenciais ou on-line), solucionar as cuestións que poidan xurdir. No caso de estudantes que participen en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación contínua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia.
|