A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas realizadas como"estudo de casos", así como os debates e os
exames curtos realizados nos seminarios.
Para aprobar a materia haberá que cumprir cos criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos.
Para
as cualificacións finais de ambas oportunidades, serán considerados
como “Non presentados” aqueles alumnos que non comparezan as probas
obxectivas nas datas oficiais sinaladas.
Serán considerados como
“Suspensos” os alumnos presentados que non acaden a puntuación global de
5,0 puntos ou non cheguen a 5,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva
(independentemente da nota obtida nos seminarios e nas prácticas). Neste caso, figurará na acta a nota obtida na proba obxectiva.
Para aqueles alumnos que opten pola avalición continua, será necesario, acadar un 5 en tódalas probas parciais. O alumnos que suspenda unha das probas, quedan automáticamente excluidos deste modelo de avalición e deberán presentarse a proba obxectiva final de toda a materia.
Se, por razóns debidamente xustificadas, de
acordo coa normativa vixente, un alumno se vira imposibilitado para
asistir a algunha sesión dos estudos de caso e/ou de seminarios, deberá (no
caso dos estudos de casos) ou poderá (no caso dos seminarios) facer fronte a
probas específicas ou actividades alternativas que se engadirán á “proba
obxectiva”. A nota acadada nesas probas específicas ou actividades
alternativas adicionaráse á xa obtida nos estudos de caso e seminarios nos que
participou.