Proba mixta |
A5 A6 A8 A11 B2 B3 |
1. Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.
2. Supón o 55% da avaliación final.
3. Consiste nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías.
4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo. |
55 |
Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación. Quere iso dicir que: 1) en ambas as probas de avaliación teranse en conta as cualificacións obtidas nas probas de resposta breve, que supoñen, en conxunto, o 45% da cualificación final; 2) o exame correspondente á proba mixta, en ambas as oportunidades de avaliación, se cualifica sobre 5,5 puntos (o 55% da avaliación final). A avaliación do alumnado que ten dedicación a tempo parcial recoñecida ou exención parcial de asistencia a clase rexerase polos mesmos criterios aplicados ao resto do alumnado. Na convocatoria adiantada, e só neste caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a coñecer no momento da proba e forneceranse xunto co enunciado desta.As probas non realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificación de cero puntos na avaliación final.A cualificación de "non presentado" corresponde ao alumno que non participase en ningunha proba de avaliación ou o fixese NUNHA SOA das probas de resposta breve. Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora electrónica non programable. Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos, anotacións, libros ou material similar que non fose autorizado expresamente na convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón o que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado utilizáseos ou non no curso desta. O alumno ha de acreditar á súa personalidade de acordo á normativa vixente.
|