1. Requisitos para aprobar a materia. É necesario alcanzar unha nota final de, polo menos, 5 puntos sobre 10 para poder conseguir unha cualificación de "aprobado". Ademais, é necesario contestar de forma correcta a 15 preguntas sobre 20 no test de coñecementos mínimos de Macroeconomía. Unha puntuación inferior no test de coñecementos mínimos implica a cualificación final de "suspenso".
2. Sobre a cualificación de "non presentado". Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
3. Sobre as condicións da avaliación final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
4. Sobre a avaliación en segunda oportunidade e na oportunidade adiantada. Os criterios de avaliación establecidos nesta guía son de aplicación a todas as oportunidades. Na segunda oportunidade e na oportunidade adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua (solución de problemas e probas de resposta breve) mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.
Tempo parcial e exención de asistencia: Os alumnos que teñan recoñecida a matrícula a tempo parcial e exención
de asistencia seguirán o mesmo sistema de avaliación establecido para a
segunda oportunidade de todos os alumnos a tempo completo.