O estudo da materia "organización constitucional" ten o obxectivo de continuar facilitando ao futuro graduado en Dereito a formación necesaria para se desenvolver no ámbito xurídico da organización estatal. Coñecidos no primeiro cuatrimestre os contidos fundamentais da noción de Estado Constitucional, democrático, liberal e social de Dereito, a Constitución española de 1978 e a súa natureza, a súa función como fonte do Dereito así como a parte dogmática (dereitos fundamentais) da mesma, compre agora analisar a estrutura territorial do Estado español, estudando a forma de Estado –politicamente descentralizado- que se organiza en tres instancias territoriais fundamentais: a organización política central, as Comunidades Autónomas e os entes locais, as relacións entre estas –con especial referencia aos litixios constitucionais de defensa da autonomía de cada unha delas-, ofrecendo unha visión de conxunto da dinámica propia dos modelos descentralizados ou federais.
Asemade, neste curso estudase o conxunto de órganos constitucionais que plasman a división horizontal de poderes establecida na Constitución española, isto é, as Cortes Xerais (Poder Lexislativo), o Goberno da Nación e a Administración Pública (Poder Executivo) e os xulgados e Tribunais e o Consello Xeral do Poder Xudicial (Poder Xudicial) e o Tribunal Constitucional.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías