Guest lecture / keynote speech |
Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente na profesora, que tentará ofrecer panoramas xerais sobre as etapas da Idade Media e sobre os distintos ámbitos literarios. Alén diso, para evitar que os estudantes lean e estuden as obras de lectura obrigatoria de forma illada, a docente ofrecerá unha visión xeral sobre a tradición na que se inscriben, un achegamento ao autor se o houber...; nestes casos, a exposición apoiarase nos textos, que os alumnos deben ter lido previamente, pois resultará imprescindible a súa intervención (si é pertinente) e a súa colaboración.
|
Mixed objective/subjective test |
Proba na que se busca que o alumno responda por escrito, de xeito completo e coherente, a distintas preguntas. Valorarase a súa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.) e espírito crítico. Combinará a teoría e a praxe, de maneira que o estudante aplique as nocións teóricas adquiridas á análise de cuestións referidas aos textos de lectura. Mais tamén haberá demostrar que dispón de coñecementos básicos en relación coa literatura castelá medieval.
|
Workshop |
Coa finalidade de afondar no estudio das obras, que han ser previamente lidas polos estudantes, combinaranse diversas metodoloxías e probas (prácticas guiadas, solución de problemas, exercicios de pregunta-respostas, pequenos debates, exercicios de comentario...). |
Long answer / essay questions |
Realizaranse dúas probas de ensaio ao longo do curso. O alumno deberá preparar previamente as lecturas das obras que se lle indiquen e os contidos relacionados con elas. Haberá desenvolver algún aspecto o tema aplicando os seus coñecementos e ofrecendo unha análise reflexiva e crítica, na que terá que demostrar, ademais, que levou a cabo unha lectura atenta, comprensiva e completa das obras. |
Workbook |
As lecturas das obras literarias son o eixo sobre o que pivota esta materia, mais, ademais, a profesora, nalgúns casos, poderá solicitar a lectura de textos críticos e bibliografía complementaria.
|