Se o alumno realiza o 50% das actividades propostas (o traballo tutelado), aínda que non se presente ao exame, será avaliado (a súa cualificación non será, pois, NP). Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar as actividades que se solicitan. A entrega do traballo farase o día do exame oficial.
Non admitiránse os traballos via e-mail, sempre en papel.
Para ser considerado Aprobado na
primeira oportunidade, o alumno deberá realizar todas as actividades
propostas e obter en cada unha delas un mínimo de 5, tanto no traballo coma na proba mixta.
Na segunda
oportunidade, o alumno deberá recuperar as actividades suspensas (traballo e/ou exame) e obter en cada unha delas un mínimo de 5.
O sistema de avaliación será obxecto de adaptación
para os alumnos con dispensa académica. Terán que facer o traballo tutelado (50 %) e 5 recensión bibliográficas sobre o temario para completar o outro 50 % da evaluación.