Para aprobar a materia, os alumnos deben conseguir unha cualificación mínima de cinco (5) en casa una das metodoloxías avaliables: proba mixta e taller neste caso. Os alumnos que non sexan avaliados positivamente na primeira convocatoria, deberán facer unha nova proba mixta, ademais dun traballo individualizado, se o alumno suspendese o taller, dependendo en cada caso das competencias que deba incrementar para chegar á cualificación mínima indicada.
Os alumnos con dispensa académica deberán informar da súa condición ao profesor ao comezo do curso e esa dispensa terase en conta. O profesor deseñará un sistema de avaliación que, ademais doutras actividades, como prácticas textuais e bibliográficas, incluirá unha proba mixta especialmente formulada para un alumno que non participase nas sesións do taller. A avaliación será simétrica na primeira e a segunda oportunidade.
A primeira convocatoria avaliarase cunha proba mixta na que se poderá incluír unha práctica de comentario.
Cualificarase con «non presentado» aos alumnos que non entreguen as prácticas do obradoiro e/ou non se presenten á proba mixta.