Seminar |
O traballo do seminario analizará a significación filosófica da literatura, mediante a posta en común, análise e discusión de textos seleccionados para abordar os núcleos temáticos dos contidos. Constituirá, xunto coa sesión maxistral, o momento central do traballo na aula.
O seminario presupón dúas tarefas fóra da aula para o alumno. Por unha banda, a lectura previa dos textos propostos. Por outra, o comentario posterior de fragmentos extraídos de ditos textos. Propoñeranse ó alumno dous grupos de tres fragmentos cada un (o primeiro grupo corresponderá ó segundo bloque dos contidos; o segundo grupo, ó terceiro bloque); cada alumno seleccionará un fragmento de cada un dos grupos e entregará, polo tanto, un total de dous comentarios. |
Mixed objective/subjective test |
Incluirá, por unha banda, unha cuestión sobre o libro de lectura obrigatoria, elexido polo alumno entre varias obras propostas polo profesor. Na proba mixta proporase ó alumno un fragmento de dito libro que ilustre un tema do mesmo. Por outra banda, o alumno terá que comentar un fragmento extraído dun dos textos traballados en seminario e respostar a unha cuestión teórica das abordadas na materia, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de seminario. |
Guest lecture / keynote speech |
A sesión maxistral irá dirixida a introducir cada un dos temas abordados e a establecer o contexto teórico no que o alumno deberá, durante a lectura, insertar o texto obxecto de análise nas sesións de seminario. Ofrecerá, polo tanto, elementos relevantes para unha axeitada comprensión dos textos. Nalgúns casos recurrirá a documentos audiovisuais breves que contribúan a unha axeitada situación da problemática abordada. |