A cualificación final do alumno calcularase en base ao resultado da proba obxectivo (40%) e o traballo tutelado (60%). Para superar a materia será necesario obter, ao menos, 4 sobre 10 puntos en cada un dos apartados, independientemente da media global obtida. Se a media global é superior a 5 puntos, pero un dos apartados (teoría ou práctica) non supera a puntuación mínima, nas actas aparecerá como Suspenso (4.0).
Para a segunda oportunidade (convocatoria de xullo) aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. Os alumnos terán a posibilidade de realizar unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados nas sesións maxistrais e unha segunda data de entrega dos traballos tutelados.
Os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán seguir a materia sen problemas, xa que a realización do traballo tutelado avaliable non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.
IMPORTANTE:
As datas válidas para a entrega dos traballos tutelados será a publicada polo coordinador da materia na ferramenta de teleformación do master.
FRAUDE
En caso de detectarse algun fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.