Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Grao en Enxeñaría Informática |
Asignaturas |
Programación Avanzada |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Programación Avanzada | Código | 614G01030 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas a través de TIC | Ao longo do curso realizase unha práctica (en grupo) na que se constrúe unha aplicación web SPA. A aplicación desenvólvese en dúas iteracións obrigatorias e unha terceira opcional. Na primeira iteración impleméntase o backend. Na segunda iteración corríxense os erros detectados polo profesor na primeira iteración e impleméntase o frontend. Se o alumno realiza algún dos traballos tutelados propostos, é posible presentar unha terceira iteración. Nesta terceira iteración, pódense corrixir os erros detectados polo profesor na segunda iteración e facer ou mellorar os traballos tutelados. |
Proba de resposta múltiple | Farase un exame tipo test, có obxectivo de comprobar que o alumno asimilou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha é correcta. As preguntas non contestadas non puntúan, e as contestadas erroneamente puntúan negativamente. |
Traballos tutelados | Propóñense dous traballos tutelados opcionais, consistentes en aplicar algunhas tecnoloxías ou técnicas de deseño adicionais á práctica. De maneira autónoma, o alumno deberá estudar estas tecnoloxías ou solucións de deseño adicionais e aplicalas á práctica. O primeiro traballo pódese facer durante a primeira ou a terceira iteración. O segundo traballo pódese facer durante a segunda ou a terceira iteración. |
Sesión maxistral | Clase impartidas polo profesor mediante a proxección de transparencias. As clases teñen un enfoque totalmente práctico, explicando os conceptos teóricos mediante o uso de exemplos sinxelos e casos de estudo. As transparencias e o código fonte dos exemplos e os casos de estudo están dispoñibles a través da plataforma de docencia da universidade. |
|