Presentación oral |
B9 B19 C2 C6 |
Participación presencial ou non-presecial* nas sesións de aula e nas actividades comunicativas propostas ao longo da materia, a maioría con compoñentes orais (debates, comentarios de textos, etc.). Para máis información, véxase a sección de "Metodoloxías" desta Guía docente, así como o espazo da materia na plataforma Moodle.
*Modalidade non-presencial: Nesta modalidade, a presentación oral canalizarase a través do Foro virtual. Para máis información, véxase o espazo da materia na plataforma Moodle.
|
25 |
Para poder superar a materia, cada estudante debe obter polo menos o 50% do total dos puntos correspondentes ás actividades de avaliación. Os requisitos e os criterios de avaliación das dúas modalidades para o seguimiento da asignatura (presencial ou non-presencial) serán iguais. Tal e como se indica no apartado de "Metodoloxías", os/as estudantes que cursen a modalidade non-presencial deste Mestrado terán titorías coa(s) profesora(s) ben vía correo electrónico, ben mediante o Foro virtual, ou –de ser posíbel– a través dun medio que permita conversar cara a cara durante unha das titorías. Así mesmo, garantiranse mecanismos que permitan que este alumnado se identifíque ante o profesorado e que realice a súa "presentación oral" (participación nas actividades de aprendizaxe) aproveitando os soportes dixitais dispoñíbeis. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.
|