Seminar |
Asociado ao desenvolvemento dun seminario cualitativo realizarase unha actividade relacionada co seguimiento de procedementos básicos en Atlas.ti. Esta actividade deberá ser completada en parellas ou grupos de tres persoas e poderá finalizarse fóra das sesións.
As instruccións para a resolución da actividade serán facilitadas nas sesións presenciais e a través dun documento escrito dispoñible na plataforma Moodle, coa fin de que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade on-line.
O alumnado desta última modalidade ou con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderá solicitar a realización de titorías tanto presenciais como virtuais (vía Skype ou correo electrónico). Esta actividade resolverase en parellas ou en grupos de tres persoas. |
Guest lecture / keynote speech |
As profesoras introducirán os diferentes contenidos da materia en sesións de carácter maxistral. Estas motivarán a participación e o debate por parte do alumnado (discusión dirixida) e requerirán a revisión previa dos documentos (textuais, audiovisuais, etc.) obrigatorios que, xunto coas presentacións empregadas, estarán dispoñiibles na plataforma Moodle para o alumnado de ambas modalidades. |
Directed discussion |
Nas sesións de aula, de modo paralelo á introducción temática por parte das profesoras, levaranse a cabo discusións dirixidas con base nos documentos obrigatorios (textuais, audiovisuais, etc.) e/ou outros considerados de interese polo alumnado ou as profesoras.
Para o alumnado da modalidade on-line ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poranse a disposición os documentos a través de Moodle e faciltarase a súa participación no debate a través de foros virtuais. Nestes participará indistintamente alumnado de ambas modalidades. |