Cal é o obxecto dunha historia das ideas políticas? Cal é a relación entre as ideas desas minorías que quedan plasmadas en textos escritos, e as ideas da maioría da poboación, que en boa medida apóianse en textos orais ou de natureza audiovisual? Cal é o papel que xogan os cambios nas tecnoloxías da información e a comunicación? Como se conxugan tradición e innovación no campo das ideas que gobernan a unha sociedade?
En cada unha das unidades temáticas, o estudo de textos e situacións de épocas pasadas serviranos de pretexto para abordar problemas similares que están presentes nas sociedades contemporáneas. Cada época ou problema exemplificarase nunha cidade concreta. Visitaremos cidades como Atenas, Roma, Venecia ou Londres... dun xeito virtual, a través de audiovisuais. Mais tamén nos trasladaremos, físicamente, e non so de maneira virtual, a cidades galegas como Lugo, Santiago de Compostela ou A Coruña, para facer percorridos por elas que nos permitirán entender o funcionamento das primeiras na época romana, medieval, barroca ou ilustrada.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías