As cualificacións finais serán o resultado da suma de 2
bloques de notas:
a.- A proba obxectiva, que estará baseada nun
exame por
escrito ao final do curso, e que aportará o 60% da nota. Non presentarse
ao exame final conlevará a cualificación de "Non Presentado" na
materia.
b.- A participación activa en clase (discusión dirixida,
estudo de casos, reflexion sobre as lecturas), a exposicion (voluntaria)
das lecturas con cargo a grupos e o traballo obrigatorio sobre un
ritual, que
aportarán conxuntamente o 40% da nota.
Atención: O prazo para apuntarse para facer a exposición na aula duhnha lectura rematará o 30 de setembro. Se un membro do
grupo non asiste a presentación oral, non poderá recibir cualificación por este
concepto.
Caso de que o estudante non se presentase a exame ou non
superase a convocatoria de xaneiro, as cualificacións correspondentes a
este segundo concepto (participación activa en clase, exposicion
voluntaria e traballo obrigatorio) gardaranse para a convocatoria de
xullo.
UNICAMENTE para
aqueles alumnos/as que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación final
dependerá exclusivamente da proba obxectiva baseada nun exame por escrito ao
final do curso, que aportará o 100% da nota.