O principal obxectivo deste curso é introducir o campo da Socioloxía ambiental, proporcionando nocións teóricas e metodolóxicas claves para a interpretación das ligazóns entre os procesos de globalización (económica, política, cultural, social) e a actual crisis ecolóxica e ambiental. O avance da ciencia e a tecnoloxía xera novas pautas de relación social; a globalización económica impón novas formas de distribuír os costes e problemas ambientais; a expansión da conciencia ecoloxista crea novos marcos políticos. A análise destes fenómenos e outros similares require unha perspectiva sociolóxica crítica que pescude nas dinámicas sociais e relacions de poder que condicionan como nos relacionamos có medio que nos rodea; e que nos axude a pensar e propoñer alternativas que sexan social e ambientalmente máis xustas.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.