As proxeccións demográficas poden tomarse como un "laboratorio" no que poden poñerse a proba hipótese de crecemento de poboacións concretas. A través desta materia o alumno aprenderá a realizar proxeccións de poboación, empregando unha metodoloxía consistente en proxectar por separado cada unha das variables que inciden no crecemento da poboación e, a continuación, aplicar os resultados desas proxeccións a unha poboación inicial, para observar os seus efectos na evolución futura do seu volume e da súa composición por sexo e idade.
O obxectivo da materia é lograr que os estudantes aprendan a facer análises proyectivos, mediante o establecemento de hipóteses razoadas sobre a evolución da natalidade, a mortalidade e as migracións. Os resultados permitirán aos alumnos avaliar o alcance de cambios no comportamento demográfico da poboación así como analizar as medidas de políticas sociais que están vinculadas a estes cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías