Traballos tutelados |
A18 A22 A23 A30 A34 A35 B24 B21 B20 B18 B14 B13 B12 B10 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C5 C6 C8 |
Os alumnos, de forma individual ou colectiva realizarán prácticas e un traballo, que se presentará antes da celebración do exame, sobre algún dos temas ou aspectos contidos no programa. Estes traballos estarán dirixidos ou tutelados polo profesor e servirán para avaliar e, no seu caso, liberar esta parte da materia. Teñen un valor do 60%. |
60 |
Avaliación continua
A parte práctica (o conxunto de prácticas e actividades de clase, o traballo grupal, a asistencia e a participación) supoñerá o 60% da cualificación, o exame final o 40%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado.
As prácticas que se realizarán ao longo do cuadrimestre terán un contido variado.
O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC.
Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame. Avaliación non continua
Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha titoría para concretar as metodoloxías de avaliación.
A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota).
Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame. Segunda oportunidade
A aqueles que teñan aprobada a parte práctica da materia pero non se presenten ou suspendan o exame teórico da primeira convocatoria gardaránselles as notas da parte práctica pero terán que presentarse a un exame teórico nas datas oficiais marcadas pola UDC (en segunda oportunidade).
Aqueles que teñan que recuperar a parte práctica por suspendela deberán facer o mesmo exame teórico que os seus compañeiros que a teñan superada e ademais responder a unha ou varias cuestións para recuperar a parte práctica (soamente neste caso das dúas partes suspensas, a parte teórica do exame valerá un 60% da nota e a parte práctica un 40%).
Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame teórico.
|