Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física |
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte |
Asignaturas |
Habilidades ximnásticas e a súa didáctica |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Habilidades ximnásticas e a súa didáctica | Código | 620G01009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Presentación dos profesores e da guía docente da materia. Os alumnos completarán un cuestionario sobre coñecementos e experiencias na práctica de actividades ximnásticas |
Aprendizaxe colaborativa | Organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución das tarefas motoras asignadas polos profesores |
Discusión dirixida | Debate sobre contidos da materia previa lectura da documentación aportada polos profesores |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Asistencia a cursos, seminarios, simposios, xornadas ou congresos relacionados co ensino e o adestramento das habilidades ximnásticas, especialmente aos FESTIVAIS XIMNÁSTICOS INTERUNIVERSITARIOS |
Obradoiro | Asistencia a prácticas de aprendizaxe e adestramento no obradoiro de actividades ximnásticas desenvolvido polo GRUPO GYMNAESTRADA |
Portafolios do alumno | Cartafol realizado en grupos de dous ou tres estudantes cuxa información baséase en recompilar, ordenar e completar as descricións técnicas e as tarefas de aprendizaxe para cada unha das habilidades ximnásticas estudadas en clase. A información escrita deberase acompañar de imaxes fixas ou en movemento dos autores realizando as diferentes tarefas de aprendizaxe recollidas no documento |
Proba mixta | Componse dun exame coas seguintes caracteristicas: - Probas escritas compostas por preguntas de ensaio e de resposta breve. |
Resumo | Elaboración e entrega de síntese da información presentada polos profesores en relación con algúns dos contidos da materia |
Saídas de campo | Observación de sesións de ensino ou adestramento en escolas ou clubs dedicados á práctica ximnástica |
Sesión maxistral | Exposición oral con apoio multimedia, por parte dos profesores, dos contidos da materia. A pesar das características concretas desta metodoloxía, o profesor interactuará co alumno, expondo cuestións para resolver. |
Solución de problemas | Traballo grupal dos alumnos no que terán que compor e executar un exercicio de conxunto integrando os diferentes tipos de habilidades estudadas e cumprindo as esixencias expostas polos profesores |
Proba práctica | Componse dun exame coas seguintes características - Probas prácticas compostas por diversas tarefas motoras estudiadas nas sesións presenciais a executar. |
Práctica de actividade física | Práctica por parte dos alumnos das tarefas motoras propostas polos profesores en relación cos contidos de aprendizaxe |
|