Sesión maxistral |
Exposición oral, con apoio multimedia, dos contidos teóricos da materia, co obxectivo de trasladar coñecementos, fomentar o seu desenvolvemento e facilitar ao alumno a elaboración do traballo específico do Obradoiro. Estimulando a súa aprendizaxe autónoma. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por el profesor. |
Obradoiro |
O Obradoiro é a modalidade formativa básica da materia. Está orientado á aplicación de aprendizaxes nos que se poden combinar diversos métodos (prácticas individuais e en grupo, exposición dos traballos, debates e comentarios, así como a docencia individualizada).
A través do obradoiro, o alumnado desenvolverá os proxectos propostos, co apoio e supervisión do profesorado.
Aprendizaxe colaborativa: A clase organízase en pequenos grupos, onde os alumnos co profesor traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas. Desta forma procúrase reunir e compartir a máxima información posible (toma de datos e medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, análise da parcela, procura de exemplos, construción da maqueta xeral do emprazamento, etc.). O obxectivo é optimizar a aprendizaxe.
Realizaranse exposicións orais complementarias sobre os temas teóricos correspondentes a cada fase do exercicio en curso, que permitirán ao alumno enfrontarse coa materia e desenvolver as prácticas do obradoiro.
Os resultados do Obradoiro, colectivos e individuais, formarán parte do Portafolio do alumno. |
Lecturas |
Lectura crítica da bibliografía facilitada e da complementaria seleccionada polo alumno. Resumos e anotacións do lido sintetizando os contidos fundamentais e as principais ideas.
Este traballo recollerase no Portafolio do alumno. |