Análise de fontes documentais |
Antes de iniciar o desenvolvemento material dos traballos no TALLER, procederase á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. Os grupos (profesor - alumnos) analizan a documentación dispoñible e amplíana, elaborando unha síntese das distintas fontes documentais. Compleméntase esta análise con intervencións de profesionais da arquitectura e doutros campos, que serán invitados a efectuar charlas e coloquios con desenvolvemento de temas concretos e experiencias persoais. |
Aprendizaxe colaborativa |
A clase organízase en pequenos grupos de traballo, onde os alumnos traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas polo profesor. Organízase ao grupo para obter a máxima información posible e compartila (análise da parcela, busca de exemplos, de normativas, construción da maqueta xeral do emprazamento, toma de datos ou medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, etc.). Este traballo está guiado de forma presencial polo profesor asignado. Trátase de optimizar a aprendizaxe individual e o do grupo. |
Discusión dirixida |
Tanto o traballo de grupo coma o individual expóñense de xeito público para incitar os membros do grupo a intervir no proceso creativo propio e alleo, de forma libre, informal e espontánea. |
Obradoiro |
Os proxectos desenvólvense mediante a combinación de diversas metodoloxías e probas: asistencia a exposicións, conferencias, análise de problemas concretos do programa. O alumno realiza tarefas eminentemente prácticas en cada un dos exercicios do curso, sempre baixo o apoio e supervisión do profesorado. |
Traballos tutelados |
Preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Refírese á aprendizaxe de "como facer as cousas", é o estudante o que asume a responsabilidade da súa formación. |
Portafolios do alumno |
Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, accesible a través da plataforma docente Moodle. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculuim persoal do alumno. |