Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas |
Grao en Tecnoloxías Mariñas |
Asignaturas |
Electrónica e Sist. Electrónicos do Buque |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Electrónica e Sist. Electrónicos do Buque | Código | 631G02356 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A7 A14 A17 A18 A30 A31 B2 C6 C9 | Consistirá nunha proba escrita de teoría e resolución de problemas sobre os contidos da materia e na que se valora a comprensión destes e a súa aplicación á resolución de problemas. Para os alumnos (inscritos a tempo completo ou a tempo parcial) que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), poderían facerse exames parciais que poderían eximir de parte ou de toda a materia na proba mixta final. Poderase valorar positivamente a participación do alumno nos exercicios e os traballos propostos polo profesor ao longo do curso nas sesións maxistrais, de resolución de problemas e tutoriais. Opcionalmente pódense entregar traballos realizados de forma autónoma polo alumno e propostos polo profesor de teoría. Para aprobar a materia deberá chegarse ao 4 sobre 8 na nota final correspondente ás partes de teoría e problemas da materia. Se nas partes de teoría e problemas non se obtivo como mínimo un 4, para calcular a nota final a nota de prácticas dividirase por dous. Os estudantes que non realicen a proba mixta de teoría e resolución de problemas consideraranse "non presentados". |
80 |
Proba de resposta breve | A14 A17 A47 B2 C3 C6 | Consistirá nunha proba escrita de resposta breve sobre os contidos das sesións prácticas. Nela valorarase non só a comprensión destes, senón tamén a capacidade do alumno para establecer xuízos críticos e a súa habilidade para o manexo da instrumentación de laboratorio. Para os alumnos (inscritos a tempo completo ou a tempo parcial) que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), podería facerse unha avaliación continuada ao longo do curso que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba de resposta breve final. Poderase valorar positivamente a participación do alumnado nas sesións prácticas e o seu razoamento ante preguntas realizadas polo profesorado durante as mesmas. |
20 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación dos contidos impartidos nas clases maxistrais e de resolución de problemas da materia representa un 80% da nota global. A avaliación das prácticas de laboratorio e a través de TIC por medio da proba de resposta breve é o 20% restante. Para aprobar a materia esixirase: 1) Proba mixta: Proba escrita sobre os contidos impartidos nas clases maxistrais e de resolución de problemas: ter un mínimo de 3,8 puntos sobre 8. O alumno debe demostrar nesta proba un coñecemento básico de todo o contenio da materia. Para aprobar a asignatura ningunha das preguntas pode deixarse en branco. Para os alumnos (inscritos a tempo completo ou a tempo parcial) que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), poderían facerse exames parciais que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba mixta final. Opcionalmente pódense entregar traballos realizados de forma autónoma polo alumno e propostos polo profesor de teoría. Poderase valorar positivamente a participación do alumno nos exercicios e os traballos propostos polo profesor ao longo do curso nas sesións maxistrais, de resolución de problemas e tutoriais. Para aprobar a materia deberá chegarse ao 4 sobre 8 na nota final correspondente ás partes de teoría e problemas da materia. Os estudantes que non realicen a proba mixta de teoría e resolución de problemas consideraranse "non presentados". 2) Ter un mínimo de 1 punto na proba de resposta breve. Consistirá nunha proba escrita de resposta breve sobre os contidos das sesións prácticas. Nela valorarase non só a comprensión destes, senón tamén a capacidade do alumno para establecer xuízos críticos e a súa habilidade para o manexo da instrumentación de laboratorio. Para os alumnos (inscritos a tempo completo ou a tempo parcial) que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), podería facerse unha avaliación continuada ao longo do curso que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba de resposta breve final. Poderase valorar positivamente a participación do alumnado nas sesións prácticas e o seu razoamento ante preguntas realizadas polo profesorado durante as mesmas. Se na parte de teoría e problemas non se obtivo o 4 mínimo, para calcular a nota final a nota de prácticas dividirase por dous. Para poder superar a materia, o alumnado matriculado a tempo completo ou a tempo parcial deberá asistir como mínimo ao 80 % das horas presenciais de "Prácticas de Laboratorio" e "Prácticas a través das TIC" (a non ser que xa asistira a dita porcentaxe en cursos anteriores). O alumnado que teña concedida a dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), substituirá este requisito por un exame de aptitude sobre o uso da instrumentación de laboratorio. Os criterios de avaliación |
|