Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Electrónica e Sist. Electrónicos do Buque
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A7 A14 A17 A18 A30 A31 B2 C6 C9 Consistirá nunha proba escrita de teoría e resolución de problemas sobre os contidos da materia e na que se valora a comprensión destes e a súa aplicación á resolución de problemas.
Para os alumnos (inscritos a tempo completo ou a tempo parcial) que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), poderían facerse exames parciais que poderían eximir de parte ou de toda a materia na proba mixta final.
Poderase valorar positivamente a participación do alumno nos exercicios e os traballos propostos polo profesor ao longo do curso nas sesións maxistrais, de resolución de problemas e tutoriais.
Opcionalmente pódense entregar traballos realizados de forma autónoma polo alumno e propostos polo profesor de teoría.
Para aprobar a materia deberá chegarse ao 4 sobre 8 na nota final correspondente ás partes de teoría e problemas da materia.
Se nas partes de teoría e problemas non se obtivo como mínimo un 4, para calcular a nota final a nota de prácticas dividirase por dous.
Os estudantes que non realicen a proba mixta de teoría e resolución de problemas consideraranse "non presentados".
80
Proba de resposta breve A14 A17 A47 B2 C3 C6 Consistirá nunha proba escrita de resposta breve sobre os contidos das sesións prácticas. Nela valorarase non só a comprensión destes, senón tamén a capacidade do alumno para establecer xuízos críticos e a súa habilidade para o manexo da instrumentación de laboratorio.
Para os alumnos (inscritos a tempo completo ou a tempo parcial) que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), podería facerse unha avaliación continuada ao longo do curso que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba de resposta breve final.
Poderase valorar positivamente a participación do alumnado nas sesións prácticas e o seu razoamento ante preguntas realizadas polo profesorado durante as mesmas.
20
 
Observacións avaliación

A avaliación dos contidos impartidos nas clases maxistrais e de resolución de problemas da materia representa un 80% da nota global. A avaliación das prácticas de laboratorio e a través de TIC por medio da proba de resposta breve é o 20% restante.

Para aprobar a materia esixirase:

1) Proba mixta: Proba escrita sobre os contidos impartidos nas clases maxistrais e de resolución de problemas: ter un mínimo de 3,8 puntos sobre 8. O alumno debe demostrar nesta proba un coñecemento básico de todo o contenio da materia. Para aprobar a asignatura ningunha das preguntas pode deixarse en branco.

Para os alumnos (inscritos a tempo completo ou a tempo parcial) que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), poderían facerse exames parciais que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba mixta final.

Opcionalmente pódense entregar traballos realizados de forma autónoma polo alumno e propostos polo profesor de teoría.

Poderase valorar positivamente a participación do alumno nos exercicios e os traballos propostos polo profesor ao longo do curso nas sesións maxistrais, de resolución de problemas e tutoriais.

Para aprobar a materia deberá chegarse ao 4 sobre 8 na nota final correspondente ás partes de teoría e problemas da materia.

Os estudantes que non realicen a proba mixta de teoría e resolución de problemas consideraranse "non presentados".

2) Ter un mínimo de 1 punto na proba de resposta breve.

Consistirá nunha proba escrita de resposta breve sobre os contidos das sesións prácticas. Nela valorarase non só a comprensión destes, senón tamén a capacidade do alumno para establecer xuízos críticos e a súa habilidade para o manexo da instrumentación de laboratorio.

Para os alumnos (inscritos a tempo completo ou a tempo parcial) que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), podería facerse unha avaliación continuada ao longo do curso que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba de resposta breve final.

Poderase valorar positivamente a participación do alumnado nas sesións prácticas e o seu razoamento ante preguntas realizadas polo profesorado durante as mesmas.

Se na parte de teoría e problemas non se obtivo o 4 mínimo, para calcular a nota final a nota de prácticas dividirase por dous.
Se en prácticas non se obtivo o 1 mínimo, para calcular a nota final farase a media xeométrica ponderada.

Para poder superar a materia, o alumnado matriculado a tempo completo ou a tempo parcial deberá asistir como mínimo ao 80 % das horas presenciais de "Prácticas de Laboratorio" e "Prácticas a través das TIC" (a non ser que xa asistira a dita porcentaxe en cursos anteriores). O alumnado que teña concedida a dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), substituirá este requisito por un exame de aptitude sobre o uso da instrumentación de laboratorio.

Os criterios de avaliación
contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/3 do Código STCW, e recolleitos no
Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar
a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes